FELICIDADES; FELIZ ANIVERSARIO NAKANISHIIII!!!
Hoxe o Nakanishi cumpre anos, é un secreto a súa idade así que vamos a respetalo e non dicir que ten xa 21 anos. Vaia por deus.., escapouseme.
Nakanishi Kunihito, malia a súa escasa idade difire bastante doutros xaponeses pola súa intelixencia, coñecementos xerais e activismo. Gosta de moverse e pasalo ben xunto dos amigos, viaxar, beber moderadamente alcool e sobre todo sobre todo COMER. O pirata foise convertindo no meu mellor amigo aqui en Xapón e grazas a el podo mellorar o meu xaponés, aprender cousas da súa cultura e pasalo ben, de aí que lle dea esta homenaxe e o felicite.
A amizade en Xapón é un pouco diferente ao que estamos acostumados na nosa terra. Disque para atopar un bo amigo nipón tes que traballalo uns dous anos, que resulta difícil confraternizar e profundizar con estas xentes. Os xaponeses, a pesar de ser unha sociedade grupal, que se move en masa e na que non gusta ir contracorrente, teñen a peculiaridade de ser bastante individuais, como os gatos, de aí eses ollos rasgados. Cantidade de xente pasa os sábados e domingos sós, sen sair; viaxan e tamén van ao cine sen necesidade de ir cun amigo, e, por suposto, viven tamén sós.
Pero o Nakanishi ten algo diferente, certa feminidade que lle fai relacionarse cos gaijins (estranxeiros) e tamén unhas ganas de "coñecer" que lle fan diferentes aos outros. O outro día, falandomos de ciencia e filosofía (el estuda física), concluímos que a verdadeira universidade, o verdadeiro estudo, é o Universal, repudiando a especialización de hoxe en día. De aí que o Nakanishi sexa viaxeiro, educado, atento, con ganas de coñecer, activo, deportista, bo comedor, bebedor, conversador e sobre todo aberto.
Varias anecdotas falan das súas diferenzas cos españois e dan conta da súa refinada educación e respecto. En certa ocasión íamos os tres espartanos camiño da montaña nun tren, cando Patrik, aproveitando que no asento de enfrente non había ninguén, puxo os pes encima para botar unha soneca. O Nakanishi advertiulle que iso non estaba ben pero o sueco continuou coa súa; voltoulle advertir o Nakanishi e o Patrik cinco minutos despois rendiuse e acabou pondo os pes en posición normal. Rematada a nosa viaxe no tren, o Nakanishi, antes de abandonar o vagón, sacou unha toalla do seu bolso e limpou escrupolosamente o asento onde Patrik apoiara as súas pezuñas. Vaia tio.
Outra anecdota da súa bondade foi cando percorrimos o camiño de Kumano, esa peregrinación que ten tanto parecido co noso Camiño de Santiago. Pois ben, nos 4 días da viaxe, evidentemente producimos lixo, (envoltorios, residuos orgánicos, papeis, etc). Pouco a pouco enchemos unha bolsa cos nosos residuos que Nakanishi encargábase de transportar. A pesar de pasarmos por diante de moitas tendas ou estacións nas que poder tirar o lixo, o Nakanishi, aínda que escaso de forzas, regresou a Kyoto, a casa, coa bolsa, 4 días despois, para unha vez no seu lar, separar os residuos e tiralos no seu propio caixote e non molestar aos propietarios das tendas e demais (a recollida do lixo en Xapón é privada, non hai apenas caixotes do lixo públicos). manda carallo 69. Boa peza este Nakanishi. Felicidades meu.